CRTVG

Buscar

Van Aert gaña a etapa do Mont Ventoux na que Pogaçar amosou feblezas

Publicado o 07/07/2021 20:53

O Mont Ventoux é un nome que resoa na historia do Tour. O xigante da Provenza coa súa paisaxe lunar é sempre unha das etapas de referencia. E máis nesta edición que decidiu subilo dúas veces no mesmo día. E aí apareceu o heroe da xornada. Wout van Aert, que o martes foi segundo no esprinte de Valence e o mércores coroou en solitario o mítico Ventoux.

Por detrás, a pelexa entre os favoritos desatouse nos últimos quilómetros do ascenso e vimos por primeira vez a un Pogaçar con dificultades. Incapaz de aguantar os ataques do danés Jonas Vingegaard. Ben é certo, que xa quedaran polo camiño Carapaz, Urán e Enric Mas. De feito, Pogaçar minimizou as perdas na baixada. Cazou a Vingegaard e mesmo se permitiu esprintarlle na meta.

Foi unha xornada moi dura pero salvei os mobles dixo o esloveno, que mantén unha renda cómoda de 5.18 con Urán, 5.32 con Vingegaard e 5.33 con Carapaz. No podio cruzouse co xigante van Aert, triplo campión mundial de ciclocrós, esprinter ocasional e gran vencedor no Mont Ventoux.

Noticias web

07/07/2021