CRTVG

Buscar

Valverde fai balance do ano: "O de Liverpool foi un golpe durísimo"

Publicado o 24/12/2019 19:04

O adestrador do Barcelona, Ernesto Valverde, fai balance do ano. E aínda lle pesa a eliminación no campo do Liverpool nas semifinais da Liga de Campións. Valverde xa se vía coa Champions nas mans: "Foi durísimo porque realmente viamos que a Champions a tiñamos na man, ou polo menos chegarmos á final. Foi un dos momentos máis duros do ano e de moito tempo para moita xente", lembra o técnico.

O Txingurri fala tamén do que vai desta temporada e a análise é bastante satisfactoria: "Estamos aí arriba, aínda queda moito na liga, obviamente. Tamén na Champions cumprimos eses obxectivos que imos repetindo cada ano, que a base de os repetir parece que son doados pero non o son, como é clasificarnos sempre unha xornada antes de que remate a fase de grupos"

Valverde non pode evitar falar de Messi. O adestrador culé queda sen cualificativos para definir o xogo do seu número 10: "O xogo que ten é dunha limpeza tal á hora de xogar, á hora de pasar, á hora de facer calquera cousa, de dar un pase, non che dá un pase normal, é un pase perfecto".

Noticias web

24/12/2019