CRTVG

Buscar

Valoración positiva da primeira noite sen botellón nos xardíns Méndez Núñez da Coruña

Publicado o 31/01/2020 11:16

Despois de anos, esta noite a imaxe en Méndez Núñez foi esta. O balbordo deixoulle sitio ao silencio e os policías locais susbtituíron á chavalada. Achegámonos aos xardíns para facer balance de como foi a primeira noite de prohibición do botellón. O voceiro do equipo de Goberno do Concello da Coruña, José Manuel Lage, fai unha "valoración moi positiva" da primeira noite sen botellón.

"Hai que destacar que con esta prohibición lograse o mellorar aprotección ambiental, a saúde pública e dase o primeiro paso para poñer en valor os xardíns de Méndez Núnez que son un emblema da cidade da Coruña".

Noticias web

31/01/2020