Ávalon, o bulldog do ano 2019, que vive en Pontevedra
Bulls Camalot Avalon Legendary é desde esta fin de semana o "Bulldog do 2019". Está entre os mellores, e xa gañou varios "Bulldog of the year" en todo o mundo. Ten dous anos, e vive en Pontevedra co seu adestrador e expositor nas competicións
Total Juanma López. Kennel Club España e expositor
E con ese vínculo Juanma e Ávalon saltan ao ring ante os ollos da xuíz.
Total Cristina Sánchez. Xuíz internacional.
Esta exhibición canina, unha proba puntuable no ámbito nacional e no internacional, é a única que organiza o Kennel Club en Galicia
Total Alfonso Roldán. Presidente de Kennel Club España.
Conta o presidente de Kennel que un can é un diamante en bruto. O adestrador será o que pula os seus defectos para obter un can único, san e fermoso, o mellor na súa raza segundo o stándar.