CRTVG

Buscar

Valls enfróntase a Ciudadanos e ofrécelles a Colau e Collboni un pacto pola alcaldía

Publicado o 29/05/2019 22:40

Ada Colau podería manter a alcaldía se acepta os apoios que lle chegaron este mércores por partida dobre. Por parte dos socialistas.. Jaume Collboni, PSC: "A pelota está no tellado de Colau, terá que decidir se está por un goberno proindependencia con Esquerra, ou por un goberno pro Barcelona de base progresista"

E tamén por parte de Manuel Valls, o líder da plataforma apoiada por Ciudadanos, que lle ofrece o seu apoio sen condicións. Manuel Valls, Plataforma Barcelona pel Canvi,"a prioridade é evitar que Barcelona sexa a panca do independentismo e a capital dunha república imaxinaria"

O apoio explícito de Valls a Colau abriu unha fenda con Ciudadanos, que desautoriza calquera negociación coa ata agora alcaldesa de Barcelona. As liñas vermellas da formación laranxa poden facer perigar tamén o pacto de dereitas para o Concello de Madrid. Os de Albert Rivera non queren sentar a falar con Vox, e Vox xa avisa...
Santiago Abascal, presidente de Vox, "Será imposible ningún tipo de goberno alternativo neste momento se non hai diálogo político con Vox"

Así as cousas, Manuela Carmena di que intentará repetir como alcaldesa. Manuela Carmena, alcaldesa de Madrid en funcións: "no caso de que non cheguen a un acordo polo mero feito de ter o maior número de votos sería a candidatura que tería que decidir a alcaldía"

O candidato socialista garántelle o seu apoio , e insta a Ciudadanos a afastarse de Vox e a apoiar a Carmena.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí