CRTVG

Buscar

Valga segue de loito e prepárase para despedir as tres mulleres asasinadas

Publicado o 18/09/2019 14:23

O concello de Valga vive un loito colectivo manifestado na posición das bandeiras e tamén no lazo pendurado do cartel que avoga pola igualdade de homes e mulleres. Na sede do Goberno municipal a actividade está hoxe a medio gas. O crime do luns tamén lles alcanza aos funcionarios. O seu compañeiro do departamento de Obras, Fernando Boquete, quedou de golpe sen a familia máis próxima.

Antonio, veciño de Campaña, di entre lágrimas: "E agora queda aí ese home, ese pais. Matáronlle a muller e as dúas fillas. Como queda esa xente?"

Antonio, como todos os veciños de Fernando Boquete en Campaña, viven apesarados polo sucedido e co sentimento posto na dura situación que ten que afrontar o viúvo e pai das mulleres asasinadas. Miguel cóntanos que estivo onte con el.

Miguel, outro veciño de Campaña di que Fernando "onte á noite estaba desfeito o pobre do home. Queda aí desfeito, non hai quen mire para el fora de hoxe. E mañá?. Os irmáns del andarán á súa vida, non".

A Fernando quédanlle varios irmáns, ademais dos dous netos, dous cativos orfos de nai e co pai no cárcere.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019