CRTVG

Buscar

Valga e Caldas de Reis despiden a última vítima da violencia machista en Galicia

Publicado o 12/03/2019 13:50

María Xosé Aboy será soterrada hoxe no cemiterio parroquial de Carracedo, canda o seu presunto asasino.

Só na provincia de Pontevedra hai abertos 1.090 casos de violencia de xénero, 4 considerados de risco alto. Entre eles, segundo confirmou este mediodía a subdelegada do Goberno durante a concentración de condena da violencia machista, non se atopaba María Xosé Aboy, porque no seu caso non houbo ningunha denuncia nin consulta previa no centro municipal de información á muller. Ningunha sospeita ata que o domingo pasado o seu fillo atopaba na vivenda familiar os dous cadáveres: ela, de 43 anos, cun disparo de escopeta no peito. O seu home, Javier Bello Ferreiros, de 46, cun tiro na cabeza executado coa mesma arma.

Fixéronlles as autopsias no Instituto Anatómico Forense de Pontevedra e, unha vez concluídas, trasladáronos ata este tanatorio de Caldas de Reis, onde se instalou o velorio. Esta tarde serán soterrados, ambos os dous, no cemiterio parroquial de Carracedo, en Caldas de Reis, de onde era natural o presunto asasino.

No concello de Valga, onde residían, continúa o loito oficial de tres días decretado polo Concello.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2019