CRTVG

Buscar

Valga despide a última vítima da violencia machista con repulsas en toda Galicia

Publicado o 12/03/2019 21:14

Hai pouco máis dunha hora que se celebraron concentracións para condenar o crime machista de Valga en 15 vilas e cidades de Galicia. Esta tarde tamén se deu sepultura tanto a vítima como o suposto autor do crime.

Por expreso desexo dos fillos da parella, tanto María Xosé como o presunto autor do seu asasinato, Javier Bello, foron enterrados conxuntamente no cemiterio parroquial de Carracedo, en Caldas de Reis. Foi o primeiro crime machista que se cometeu este ano en Galicia. Javier matou, presuntamente, a muller e despois suicidouse, segundo as primeiras investigacións. Non constaban denuncias previas de violencia de xénero no matrimonio.

No enterro estaban presentes tanto familiares como amigos da familia e veciños tanto de Valga como de Caldas de Reis. Os dous foron velados tamén xuntos. Ás oito desta tarde celebráronse concentracións de repulsa polo crime en 15 cidadese vilas de Galicia. Os movementos feministas concentráronse dous días despois da traxedia que tinguiu Valga de dor. Piden responsabilidades tanto ao Goberno central como ao galego polos recortes en axudas contra as violencias machistas.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2019