CRTVG

Buscar

Valerón podería volver ao Deportivo para adestrar o Fabril

Publicado o 27/06/2020 23:35
Valerón podería volver ao Deportivo para adestrar o Fabril

Juan Carlos Valerón podería regresar á estrutura do Deportivo para facerse cargo do Fabril para a temporada 20-21. Sería a primeira experiencia do canario como primeiro adestrador aínda que xa estivo como axudante na Unión Deportiva As Palmas. 

Valerón xogou durante trece temporadas no Deportivo, onde marcou unha época pola súa calidade tanto futbolística como humana.