CRTVG

Buscar

Valerón estréase como adestrador do Fabril

Publicado o 12/08/2020 22:21

Despediuse entre bágoas en 2013 na noite do penúltimo descenso a Segunda División.

Juan Carlos Valerón: "Novamente, grazas a toda a afección. Levareinos sempre no meu corazón. Moitas grazas".

E regresa sete anos despois convertido no adestrador do Fabril.

Juan Carlos Valerón, adestrador do Fabril: "Nos sitios que foron importantes para min, tanto As Palmas como o Deportivo, se tiña a posibilidade e a xente que estaba dentro do club quería, facíame ilusión regresar".

Os contactos con Valerón iniciounos Fernando Vidal unha vez que asumiu a presidencia. Valerón adestraba a selección canaria de categoría cadete. O final de temporada parou a negociación, pero non a condicionou.

Juan Carlos Valerón, adestrador do Fabril: "Co equipo en Segunda todo sería máis doado e máis viable. Tanto Fran coma eu temos a mesma predisposición para seguir dentro do proxecto aínda que o equipo estea en Segunda B".

Se o primeiro equipo sae en Segunda B, o aliciente será maior para os fabrilistas.

Juan Carlos Valerón, adestrador do Fabril: "Co equipo en Segunda B as posibilidades dos rapaces van ser maiores".

Resultados e formación van da man, di Valerón. O importante é preparar os futbolistas para un mañá no fútbol profesional.

Juan Carlos Valerón, adestrador do Fabril: "No fútbol base estamos acostumados a que os equipos de canteira son equipos que teñen o balón, que levan todo o tempo a iniciativa, e iso, ás veces, non o encontras no fútbol profesional".

Valerón estará acompañado, entre outros, por Manuel Pablo.

Noticias web

12/08/2020