CRTVG

Buscar

Valeria Quer presenta unha denuncia por violación no xulgado de Sepúlveda

Publicado o 05/12/2018 15:19

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sepúlveda (Segovia) tramita unha denuncia por presunta agresión sexual presentada por Valeria Quer, irmá de Diana Quer.

Segundo unha información que publicada por 'El Norte de Castilla', a presunta agresión sexual produciuse cando Valeria aínda era menor de idade.

Fontes próximas á investigación indicaron a este xornal que, ao parecer, a moza viaxaría á provincia de Segovia desde a súa residencia en Madrid xunto a un amigo. Nun momento determinado, parou o vehículo nun lugar da comarca sepulvedana, situada a uns 65 quilómetros da capital segoviana, e agrediría sexualmente a moza.

A instrutora de Sepúlveda, que leva un par de anos á fronte do xulgado, ordenou discreción ao persoal "para tentar evitar filtracións que precipiten a indesexada avalancha mediática". Pola súa banda, fontes da familia sinalaron que "a noticia non se axusta á realidade". Á súa vez, o pai da moza, Juan Carlos Quer, pide "respecto á intimidade" da súa familia e apela á responsabilidade dos medios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2018