CRTVG

Buscar

Valencia acollerá a fase final da Liga ACB

Publicado o 27/05/2020 18:20

• A candidatura valenciana impúxose ás outras 9 e contará coas instalacións do Valencia Basket

Valencia será a sede da fase final polo título da Liga Endesa, segundo decidiu este mércores a Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB), que acordou que se dispute o torneo que enfrontará os doce primeiros equipos clasificados cando se paralizou a liga pola emerxencia sanitaria.

A candidatura valenciana, que conta co Pavillón de la Fuente de San Luis e a cidade deportiva de L'Alquería do Valencia Basket como instalacións, impúxose a outras nove candidaturas, as de Madrid, Barcelona, Zaragoza, Pamplona, Andorra, Almería, Mahón (Menorca), Tenerife e Gran Canaria.