CRTVG

Buscar

Borja Iglesias xogará no Español; Daniel Wass achégase a Valencia

Publicado o 09/07/2018 21:31

Xa é oficial. Borja Iglesias xogará no Español os próximos catro anos. O club catalán paga os dez millóns da cláusula do dianteiro, que pasa a ser agora de 28 millóns. Prevese que o futbolista pase mañá o recoñecemento médico.

Mentres, agárdanse noticias de Daniel Wass. O acordo para o seu traspaso ao Valencia estaría xa pechado. A operación anda polos seis millóns de euros. O centrocampista asinará ata 2022 se supera o recoñecemento médico desta mañá. No Celta, onde estivo tres temporadas, quedáballe un ano de contrato pero o seu desexo era xogar a Liga de Campións. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/07/2018