Val do Dubra homenaxea a Galicia exterior
Publicado o 06/08/2021 15:30

Os que están preto de Santiago teñen outra cita, que nin a choiva pode deslucir: a Festa do Emigrante, que fan en Val do Dubra. Hoxe e mañá esta celebración rende tributo a aqueles que tiveron que marchar lonxe para buscar traballo e unha vida mellor.
Haberá música, monicreques e ofrendas florais nesta festa que xa fai 37 anos e que é un dos principais referentes turísticos e culturais da comarca. Un lugar de encontro permanente da Galicia exterior.