'Vai, volve e vive', a nova campaña de Stop Accidentes
Unha das estacións de servizo que hai na principal saída de Coruña foi o lugar elixido desta volta para levar a cabo esta campaña. Nela varias voluntarias da asociación Stop Accidentes entregábanlles aos condutores e condutoras que paraban a repostar un decálogo de consellos para unha viaxe segura. Trátase da campaña 'Vai, volve e vive'.
Ángela Jiménez, técnica de proxectos de Stop Accidentes: "O que estamos vendo é o incremento de accidentes de tráfico en Galicia e cremos que é unha boa data para intervir, estamos nas festas de Santiago e recordarlle á poboación galega que o importantes das vacacións é compartir a vida na estrada e volver á casa".
Os condutores opinan que campañas coma esta son necesarias, polo que nunca están de máis.Desde Stop Accidentes, ademais dos consellos sobre a redución da velocidade e de non consumir alcol e drogas, desta volta inciden nas distraccións ao volante, sobre todo a utilización do teléfono móbil.
Ángela Jiménez, técnica de proxectos de Stop Accidentes: "Incidimos moito nisto porque é unha das principais, agora mesmo por riba do alcol e das drogas, que tamén é un risco nas estradas. A distracción no móbil é unha gran preocupación que temos desde as asociacións das vítimas" "Que todo facemos, non deberiamos, pero todos facemos... eu ás veces fágoo"
A próxima campaña 'Vai, volve e vide' de Stop Accidentes desenvolverase o próximo mes de agosto na provincia de Ourense.