CRTVG

Buscar

Vaga de roubos nunha galería comercial da Coruña durante a corentena

Publicado o 30/04/2020 14:48

Por cuarta vez dende que se decretou o estado de alarma, as galerías comerciais Ramón y Cajal, na Coruña, sufriron a visita dos amigos do alleo.

Desta volta, os ladróns asaltaron unha tenda de abelorios. En días precedentes xa entraran nunha xamonería, nun salón de peiteados e nunha peixería, dos que levaron caixas rexistradoras, cartos e distintos materiais.

Os comerciantes decidiron contactar cunha axencia de seguridade para poñerlle freo a esta escalada de roubos que veñen padecendo nas últimas semanas.

Noticias web

30/04/2020