CRTVG

Buscar

Vaga de calor histórica en Europa

Publicado o 27/06/2019 22:12

As altas temperaturas marcan a velocidade en Alemaña. Nas autoestradas do leste do país normalmente non hai límites, pero estes días si. Non se poderá circular a máis de 100 quilómetros por hora. Tratan de previr posibles fallos dos coches polas elevadas temperaturas e evitar accidentes ante a posible dilatación extrema do asfalto pola calor.

En Francia, varias zonas do país están en alerta vermella pola calor. A previsión é que se acaden os 45 graos de temperatura nas vindeiras horas. Os colexios, a piques de dar vacacións de verán, adiantan o peche ante a falta de refrixeración na maioría dos centros. Precisamente, só nos lugares con aire acondicionado se vai permitir levar a cabo actividades deportivas e de lecer. Europa segue en máximos históricos. Os termómetros dan mostra do perigoso da situación.

Vai demasiada calor, e subindo. En Grecia a previsión augura 45 graos, en Francia, nas vindeiras horas, poden pasar dos corenta. Toda previsión é pouca contra as altas temperaturas, os europeos buscan o fresco. Toda alternativa acuática é ben recibida nestes días para soportar a vaga de calor histórica.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/06/2019