CRTVG

Buscar

A vacinación dos sanitarios chega aos centros de saúde

Publicado o 14/01/2021 09:57

Dende primeira hora da mañá seguen chegando ata os centros de saúde e hospitais de toda Galicia, as vacinas segundo o calendario previsto. 

En Allariz comezou a vacinación entre os profesionais que traballan no centro de saúde. Ás nove da mañá chegaban as vacinas nunha furgoneta. María José Feijóo é a coordinadora do equipo número 9 e afirmou que en total serán 38 persoas as que se vacinen ao longo desta xornada. Os primeiros en recibir a vacina serán os profesionais que fixeron a garda na quenda de noite. Os sanitarios dos centros de saúde de Celanova, Verín, Ribadavia e os CHOU de Ourense tamén se vacinarán ao longo do día.

O ritmo aseguran que é bo, estanse cumprindo as expectativas. Non hai reticencias, a maioría do persoal sabe da importancia de vacinarse para conseguir chegar ao final do camiño e poder volver a esa ansiada normalidade. En Galicia vanse vacinar ata o próximo luns máis de 20.000 profesionais.

 

 

Noticias web

14/01/2021