CRTVG

Buscar

Vacinadas 8.000 persoas na primeira semana da campaña en Galicia

Publicado o 02/01/2021 14:11

Arredor de oito mil persoas, segundo datos do Sergas. Esta é a cifra de residentes e traballadores vacinados en Galicia durante esta semana. Unha boa nova na que fan fincapé todos os expertos para que o proceso continúe durante os próximos meses.

As vacinas son o principio da solución, unha solución que xa recibiron case oito mil persoas en Galicia. Son residentes e traballadores dos xeriátricos, os máis afectados da pandemia, que deben recibir a segunda dose en menos de 21 días. A importancia da vacina ten a ciencia como valedora. Por exemplo, explicando o proceso dos efectos secundarios.

Outro aspecto no que insistir: A vacina é válida malia que aparezan novas cepas como a británica. Por tres razóns, a primeira pprque non se demostrou que sexa máis forte que o virus xa coñecido.

Algo importante, porque a vacina funciona dese xeito, reproducindo a resposta inmune que provocaría a infección natural no noso organismo pero sen estar exposto ao virus.  

​Os expertos en vacinas loitan contra a pandemia e contra outro mal definido pola OMS, a infodemia.

Sigamos sumando solucións como fai a vacina. Oito mil galegos xa o poden contar.

 

Noticias web

02/01/2021