Vacinación masiva sen cita previa en Lugo
Publicado o 11/09/2021 13:21
Das doses previstas para inocular este sábado, a maioría corresponden á vacinación libre, pero tamén hai algunha con cita.
A vacinación defínese por ser sen cita previa e sen límite de idade, pero os rapaces de entre 12 e 15 anos deben acudir co consentimento informado dos seus pais.
Motivos laborais ou non seren citados a tempo son as razóns que expoñen maioritariamente os que acudiron ao HULA.
O protocolo é practicamente o mesmo que para os que foron vacinados con cita previa.
Esta e a primeira vez que Galicia proporciona a vacinación sen reserva previa, algo que se volverá facer este luns e martes nos campus galegos. En Lugo será na facultade de Veterinaria.