CRTVG

Buscar

Vacinación masiva no Ifevi para menores de doce e dezaseis anos

Publicado o 18/09/2021 15:18

O Sergas aspira a que máis do 90 % da poboación galega estea vacinada a finais da semana vindeira. Por iso este sábado volveron as vacinacións masivas aos recintos galegos. No recinto feiral de Vigo, a media está a ser de mil inxeccións á hora. 

Como teñen entre 12 e 16 anos, veñen con algún familiar ou titor. Tras recibiren a vacina, agardan quince minutos para comprobar que non teñan efectos adversos. Na administración da primeira dose de Moderna moitos rapaces tiveron que ser atendidos polos sanitarios por distintas molestias. 

Noticias web

18/09/2021