CRTVG

Buscar

Os mariñeiros vacínanse con Janssen no hospital de Burela

Publicado o 14/05/2021 14:48

Tras a información previa, chega o momento da vacina, e con ela, a tranquilidade.

É a quenda dos mariñeiros con base nos portos de Celeiro e Burela que se inmunizan agora antes de volveren embarcar. Porque aínda que son precavidos antes de partir, conviven e traballan moitas persoas nun espazo reducido.

A frota de altura e grande altura bota dende 15 días ata meses fóra co medo de non ter asistencia preto. Agora, tras esta ansiada parada para vacinarse, volven de novo ao mar.

Nos vindeiros días van ser inmunizados uns 3.000 mariñeiros de altura dos diversos portos galegos.

Noticias web

14/05/2021