CRTVG

Buscar

Vacacións de turismo rural en aldeas do interior, contra o coronavirus

Publicado o 24/05/2020 21:27

Os propietarios desta casa de turismo rural de Gomesende limpan e desinfectan despois de aloxar por primeira vez en tres meses unha familia.

Relax e seguridade en aldeas galegas en que a afluencia e mínima.

Nesta casa, onde viviu de balde durante máis dun mes o persoal da residencia de maiores de Ramirás, están afanados desenvolvendo un escrupuloso protocolo de hixiene e seguridade.
Contan reabrir o 15 de xuño.

Gardan boas expectativas, pero con cautela.

Un verán incerto en que, engade Pilar, na responsabilidade e na xeneroside de cada un de nós está o futuro de todos.

Noticias web

24/05/2020