CRTVG

Buscar

Os servizos de substitución facilitan as vacacións dos gandeiros

Publicado o 20/08/2019 17:43

Ser gandeiro e ter vacacións semella incompatible: hai que muxir as vacas os 365 días do ano, darlles de comer, coidar dos cultivos...Uns traballos que non permiten un momento de lecer, polo menos ata o de agora, grazas os chamados  servizos de substitución que comezan a xurdir. 

A gandería Carballeira de Mesía ten 170 animais, traballo abondo para Víctor, a súa muller e máis unha empregada, especialmente no momento da muxidura

Uns traballos que está a facer hoxe Manuel. En 2018 creou unha empresa de servizos gandeiros para facer sustitucións en granxas. Comezou el só e hoxe en día conta con 3 empregados que están a traballar en 36 explotacións, o que da idea da demanda que ha

Ocúpanse de tódolos labores da granxa, algúns tan delicados coma o muxido, para o que están especialmente formados

Víctor contratounos para cubrir as vacacións da súa empregada, e despois as súas , que ben merecidas as ten

Un sistema que permite que os gandeiros teñan días libres, e xerar novos postos de traballo no rural.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019