Xa van 47 postivos no gromo de Monforte e 200 persoas están en corentena
Publicado o 21/08/2020 19:36
• O de Sarria está controlado con 12 positivos

Ademais do da residencia do Incio, no sur da provincia de Lugo hai outros dous gromos activos: un en Monforte e outro en Sarria.
O de Monforte é o que máis preocupa. Nas últimas horas fixéronse máis de cen probas PCR, e detectáronse oito casos máis, co que xa van 47 positivos.
Hai preto de 200 persoas en corentena, a maioría delas nun mesmo edificio do centro da vila. Todo apunta a que o gromo da residencia do Incio partiu daquí, porque o primeiro contaxio que se detectou foi o dunha traballadora do xeriátrico que vive en Monforte.
O gromo de Sarria está controlado. Son 12 positivos, a meirande parte de dous grupos familiares.