CRTVG

Buscar

A que soa o patrimonio da Ribeira Sacra?

Publicado o 09/06/2019 22:17

Artistas galegos investigan e musican as sonoridades da nosa candidata a Patrimonio Mundial da Humanidade

Xa é soado que a Ribeira Sacra é a única candidata da Unesco para 2021 a Patrimonio Mundial da Humanidade. Pero, a que soa aínda o patrimonio desas zonas ourensás e luguesas? Soa a investigación e a documentación para recuperar a riqueza da sonoridade da natureza, da xente e das tradicións. Amais, soa a cancións coas que artistas senlleiros ou novos e bandas galegas honran cantís, mosteiros, muíños, lareiras, batáns, carros, oleiros, cacharreiros, campaneiros ou afiadores.

No vídeo principal completo facemos viaxe polos sons e músicas da Ribeira Sacra. Nos de abaixo escoitamos o principal dese rico patrimonio. Propómosvos para os vosos móbiles un formato novo: #VerTiGal  para que tamén poidades ver en vertical o fundamental: ollo que amais de ver hai que premer, para escoitar cada historia. Facede play ao final para ver o total.

Da man da xornalista de TVG Belén Baños Riádigos, no 33 aniversario de grupo folk Luar na Lubre, co seu fundador Bieito Romero e coa súa nova cantante Irma Macías, descubrimos o disco Ribeira Sacra; con David Prado confirmamos que a canción do cantautor lugués na súa honra atrae melómanos a coñecer esa zona da nosa comunidade; e co Bruxo Queiman e coa artista Andrea Pousa compartimos o vídeo musical co que Milson's promove a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade. 

 

09:00

15. Queres saber máis: Preme 'play' no vídeo que aparece a continuación: Contámosche máis!

15. Queres saber máis: Preme 'play' no vídeo que aparece a continuación: Contámosche máis!

 

 

 

09:00

14. Os sons da Ribeira Sacra tamén son patrimonio de Galicia para o mundo

09:00

13. Milson's, Bruxo Queiman, Andrea Pousa e Rubén Riós protagonizan un vídeo da Ribeira Sacra

 

 

 

09:00

12. Distintos artistas xúntanse nun vídeo musical promocional por mor da candidatura

12. Distintos artistas xúntanse nun vídeo musical promocional por mor da candidatura

09:00

11. O cantautor manterá o seu tema da Ribeira Sacra na xira estival do seu novo disco



 

09:00

10. De sons ourensáns con Luar na Lubre á canción do lugués David Prado

09:00

9. Luar na Lubre tamén estrea cancións novas de seu neste disco que honra a zona

9. Luar na Lubre tamén estrea cancións novas de seu neste disco que honra a zona



 

09:00

8. Moitos artistas cantan pola Ribeira Sacra no novo disco de Luar na Lubre

09:00

7. O grupo folk inclúe no novo disco sons da natureza, de tradicións e das xentes da Ribeira Sacra

7. O grupo folk inclúe no novo disco sons da natureza, de tradicións e das xentes da Ribeira Sacra

09:00

6. Luar na Lubre investiga, rescata e divulga sons e músicas da terra dos cantís

6. Luar na Lubre investiga, rescata e divulga sons e músicas da terra dos cantís

09:00

5. Ata agora non estaba documentado o patrimonio sonoro da Ribeira Sacra

09:00

4. Recupéranse sons de lareiras, carros, muiñeiros, oleiros ou de afiadores

09:00

3. A candidata a Patrimonio Mundial da Humanidade aínda soa a silencio e a natureza

09:00

2. Soa #VerTiGal: ver en vertical o fundamental no móbil - Amais de ver, premer - Play ao final para ver o total -

2. Soa  #VerTiGal: ver en vertical o fundamental no móbil - Amais de ver, premer - Play ao final para ver o total -

09:00

1. A que soa a Ribeira Sacra? Escoita e verás

1. A que soa a Ribeira Sacra? Escoita e verás

Noticias web

09/06/2019