Uns 5.000 cans e cadelas peregrinos farán o Camiño de Santiago durante este ano
Cada vez hai máis peregrinos cos seus animais de compaña nas rutas galegas
No Camiño de Santiago comeza a etapa máis concorrida, en non só polos peregrinos, senón tamén polos 'perregrinos'. Aumenta exponencialmente o número de cans e de cadelas que acompañan aos seus donos nas rutas galegas xacobeas. Agora son centos os que peregrinan pero en todo este ano calcúlase que serán 5.000 cans os que cheguen a Compostela. Moitos deles obterán a súa compostela canina, unha credencial pioneira no mundo que concede Apaca: a Asociación Protectora de Animais do Camiño impulsa máis iniciativas que fomentan a peregrinación con cans e o turismo canino.
No vídeo principal completo facemos o Camiño de Santiago dos cans e das cadelas. Nos de abaixo, etapa por etapa, peregrinamos con animais de compaña. Propómosvos para os vosos móbiles un formato novo: #VerTiGal para que tamén poidades ver en vertical o fundamental: ollo que amais de ver hai que premer, para escoitar cada historia. Facede play ao final para ver o total.
Da man da xornalista de TVG Belén Baños Riádigos, acompañaremos o 'perregrino' Chispo e o seu dono peregrino Javier Navarro Muñoz. No camiño de economía social que están abrindo no Camiño moitos novos negocios e servizos pensados para animais peregrinos guiarannos o presidente de Apaca, Santiago Piñán Oujo, e o responsable dos servizos web e redes sociais da protectora, Cristian Rodríguez, ábrenos o camiño dunha nova tendencia mundial, o das poboacións máis amistosas cos animais.
14. Sigue para saber máis: fai play no vídeo que aparece a continuación: camiñamos máis!
13. Cadelas e cans peregrinos promoven internacionalmente en redes sociais peregrinar a Compostela
12. Premio xacobeo 2018 a Apaca por axudar a quen peregrina a Santiago
11. Son pioneiras no mundo as credenciais galega de Santiago e a italiana de San Francisco
10. Os cans cuxos donos lles selan as credenciais obteñen a compostela canina
9. O dispositivo Pegada Verde fai descontos en servizos para cans e premia negocios amistosos con eles
8. Por onde pasan peregrinos abren centros veterinarios, de peiteado e de educadores caninos
7. Nacen axencias de viaxe e negocios hostaleiros e de transporte para cans peregrinos
6. A protectora Apaca impulsa negocios amistosos cos animais nas rutas xacobeas
5. Peregrinando de León a Santiago beneficiáronse de novos servizos para cans no Camiño
4. Cando Chispo o sorprendeu cunha estampa de Santiago, Javier decidiu peregrinar xuntos
.
3. Un home salva un can do maltrato e comezan unha nova andaina xuntos
2. VerTiGal: ver en vertical o fundamental no móbil - Amais de ver, premer para escoitar - Play ao final para ver o total
1. Uns 5.000 cans farán este ano o Camiño e centos deles xa peregrinan agora a Santiago