CRTVG

Buscar

UXT urxe a negociar a suba do salario mínimo a 1.000 euros

Publicado o 07/12/2020 13:52
UXT urxe a negociar a suba do salario mínimo a 1.000 euros

UXT insta o Goberno central a negociar xa unha suba no salario mínimo interprofesional para chegar aos 1.000 euros en 2021.

O sindicato lembra que no acordo para o emprego e a negociación colectiva, que remata este ano, se pactou un salario mínimo de convenio que non fose inferior a esta cifra. Un aumento que, segundo din, serviría para recuperar a economía e diminuír as desigualdades.

Noticias web

07/12/2020