CRTVG

Buscar

UUAA denuncia que a industria láctea lles está ofrecendo aos gandeiros prezos por debaixo dos custos

Publicado o 18/02/2020 14:53

En Galicia, Unións Agrarias denuncia que a industria láctea lles está ofrecendo aos gandeiros prezos por debaixo dos custos de produción. Mañá convocan mobilizacións diante da Delegación do Goberno para esixir a convocatoria dunha mesa de negociación específica para este sector como xa se fixo coa froita e co aceite.

"Non podemos aceptar que o Goberno mire para outro lado. Se publicamente nos di, no seu observatorio de prezos, que producir un litro de leite ten un custo mínimo de 32,5, non podemos aceptar que estea permitindo que se nos poida pagar a 29,50, porque é tanto como asumir publicamente e en contrato que temos que vender por debaixo dos custos de produción", di Roberto García.

Noticias web

18/02/2020