CRTVG

Buscar

Usuarios do transporte da área de Vigo piden usar a tarxeta metropolitana no bus urbano

Publicado o 20/09/2021 14:48

O bono metropolitano permite viaxar dun lugar a outro da área viguesa sen ter que pagar nos transbordos durante os desprazamentos en barco e autobús. En Vigo, o autocar urbano quedou fóra do transporte metropolitano, polo que os usuarios pagan o billete á parte.

Para aqueles que viven fóra do concello de Vigo existe a opción da tarxeta branca, cun desconto sobre 1,35 euros que custa cada viaxe no transporte urbano. Os usuarios din que é un desconto insuficiente e que sería maior coa tarxeta metropolitana.

Vigo quedou fóra do plan metropolitano de Galicia, polo que os usuarios da área non poden gozar dos transbordos de balde nin dos descontos para aqueles que a usan de xeito recorrente.


 

Noticias web

20/09/2021