CRTVG

Buscar

Usuarios do paseo de Santa Cristina en Oleiros denuncian o seu mal estado

Publicado o 21/08/2019 14:30

Así é como está boa parte do paseo oleirense de Santa Cristina: "Están todas as táboas levantadas..." "Alí hai un burato tremendo..."

Así que moitos optan por camiñar polo carril bici para evitar, din, tropezar cos taboleiros da zona peonil. "Camiñamos polo carril bici porque por aí é perigoso..."

Explican que acotío sempre hai quen tropeza nestas táboas desniveladas e algunhas ata soltas. Outros corren peor sorte e caen, como lle pasou a un mozo que sufriu feridas nos xeonllos, cortes e ata fracturou unha man. E non foi un caso illado. "A miña veciña rompeu as costelas..." "O outro día caeu alí un señor..." "Aquí a xente maior tropeza toda..."

Con esta situación, piden melloras urxentes neste paseo polo que cada día camiña un número considerable de persoas.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2019