CRTVG

Buscar

Usuarios do colexio compostelán de Roxos reclaman beirarrúas nun dos accesos ao centro

Publicado o 27/02/2020 12:16

Os alumnos do colexio de infantil e primaria de Roxos comezan a súa xornada ás 9 e media da mañá. Minutos antes, o movemento de tráfico é intenso, con coches e autobuses que chegan ao centro para deixar os rapaces. Pero hai un grupo de cativos que vai camiñando ao colexio e que cada dia vive situacións arriscadas. Acceden por unha pista lateral do centro que carece de beirarrúas e teñen que sortear os coches e autobuses que circulan canda eles.

Os pais esixen a construción de beirarrúas neste treito. Din que llelo prometeu o Goberno municipal, pero non cumpriu.

Os afectados agardan que as súas queixas sirvan para que a situación se solucione canto antes e se eviten riscos innecesarios.

Noticias web

27/02/2020