CRTVG

Buscar

Usuarios da AP-9 concentráronse para reclamar a supresión da peaxe en Redondela

Publicado o 21/06/2021 15:28

Veciños do barrio vigués de Teis e de Chapela, en Redondela, concentráronse hoxe na subdelegación do Goberno en Pontevedra. Reclaman a supresión inmediata da peaxe do tramo Redondela-Vigo. Din que xa non cren ningunha promesa. Tamén reclaman que se converta en tramo urbano a parte da autoestrada que vai dende Teis ata o centro de Vigo, e que se coloquen pantallas que freen o ruído nas zonas máis próximas ás vivendas.

Noticias web

21/06/2021