Os usuarios da AP-9 critican as continuas subas no prezo da autoestrada
Indignados, así se senten os usuarios da AP-9 unha arteria vital de Galicia, que comunica as grandes cidades do país. Cada vez sáenos máis caro movérmonos entre as cidades e vilas do país, mentres noutras comunidades as peaxes baixan ou desaparecen, é algo que os usuarios galegos non logran entender.
Os condutores galegos tamén apuntan que a autoestrada non está en óptimas condicións e que son moitos os que se teñen que desprazar por obriga laboral e familiar e moitos outros sofren o quebranto económico de pagar case dezasete euros por ir de Vigo á Coruña ou 4 euros para ir de Pontevedra a Vigo dúas cidades que teñen moito tráfico.
O agravio con outras comunidades tamén molesta en Galicia
Nos últimos anos son moitos os usuarios que usan vías alternativas para evitar un pagamento que nalgúns casos non queren ou non poden asumir.