CRTVG

Buscar

Uso obrigatorio de luvas e máscaras e un só alumno nos exames de conducir

Publicado o 26/05/2020 21:12

As autoescolas reabren as súas portas, e fano tamén marcando a distancia de seguridade. Vémolo xa nos corredores e tamén nas aulas, onde teñen que reducir a ocupación e usar máscaras, e entre clase e clase as aulas serán desinfectadas.

Á hora de coller o coche, fai falta máscara, e tamén será obrigatorio o uso de luvas o día do exame. Serán, a partir de agora, os pasos previos a recolocar o volante e o espello e de poñer o cinto, e todo deberá ser desinfectado ao rematar. Ademais, só poderá ir un alumno no interior do vehículo.

No momento en que o alumno non sexa apto rematará a proba para evitar o contacto, e no caso dos exames teóricos haberá máis convocatorias para garantir a distancia nas aulas.

Noticias web

26/05/2020