Usan o campo de fútbol de Lalín para celebrar un 'botellón'
Aproveitaron este boquete que había nun dos muros para acceder ao recinto e acomodáronse na vella cantina que hai baixo a bancada. O balbordo que fixeron espertou varios veciños.
"E asomámonos ao balcón e vimos que había moita rapazada aí no campo de fútbol e decidimos chamar a Garda Civil máis que nada para que non estragasen nada. E dispersáronos a algúns pilláronos, outros escaparon", conta Agripina Rodríguez, unha veciña.
Segundo as testemuñas, podería haber medio cento de rapaces no campo. "Había un número elevado de rapaces, de xente nova dentro do que é o recinto e a maior parte escaparon cara atrás todos, na noite e identificáronse dez persoas", informa Jesús López, inspector xefe da Policía Local de Lalín.
"Nada, non había, estaba todo recollido, estaba nas papeleiras e estaba todo recollido", aclara Amando Fernández, encargado de mantemento da instalación deportiva.
Agora enfróntase a unha proposta de sanción que no caso de ser leve poderá ascender ata o 3.000 euros "Iso xa despois, os técnicos que son os que cursan as denuncias, valorando o risco que eles poidan entender que eses actos poden levar de posibles contaxios ou de expansión do virus, aí é onde valoran a contía ata ese valor máximo", informa a policía.