CRTVG

Buscar

Trump, disposto a atacar Irán en resposta ao bombardeo a dúas refinerías sauditas

Publicado o 16/09/2019 09:29

O Goberno de Washington non descarta un ataque militar contra Irán en resposta ao bombardeo con drons contra dúas refinerías sauditas.

O presidente Donald Trump dixo que está cargado e listo para responder ao ataque que se atribuíron as milicias hutís do Iemen.

O secretario de Estados estadounidense, Mike Pompeo, responsabilizou directamente a Irán e asegurou que non hai evidencias dunha implicación iemení.

O réxime de Teherán apresurouse a negar calquera relación cos ataques que as autoridades sauditas están investigando.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/09/2019