Urxe frear a transmisión: a mobilidade limitaríase por concellos e non por améndoas
A exconselleira e membro do comité clínico Pilar Farjas foxe de compracencias e asegura que quedan por diante tres semanas moi difíciles. As proxeccións indican que en menos de sete días España terá unha incidencia media superior a 500, o dobre do considerado nivel de risco moi alto. Galicia superará os 350.
Casos derivados de milleiros de contaxios do Nadal, que urxe illar e confinar, para cortar a transmisión. E para iso, o comité clínico deseñará medidas globais para o conxunto de Galicia.
Canto aos desprazamentos, as medidas que proporá o comité clínico pasan tamén por limitar a mobilidade por concellos e non por améndoas. E a terceira pata das restricións serán os test. PCR e, sobre todo, máis test de antíxenos desde Atención Primaria.
E a finais de xaneiro, coa primeira fase da vacina finalizada e os resultados destas novas restricións, poderemos ter, se cumprimos, un escenario máis alentador.