CRTVG

Buscar

Bos días

O Uruguai comeza a venda de cannabis para fins recreativos

Publicado o 20/07/2017 09:50

O Uruguai comezou este martes a vender cánnabis para fins recreativos en farmacias e agora instáurase o debate sobre cómo afectará esta medida os países da contorna.

Na Arxentina, por exemplo, hai uns meses aprobaron o uso medicinal desta droga pero, segundo os expertos, unha medida como a posta en práctica polo país charrúa aínda está a anos luz.

O Uruguai acaba de converterse no primeiro país do mundo en vender marihuana con fins recreativos en farmacias e dende A Arxentina viven con expectación o que ocorre no territorio veciño.

Hai uns meses o Senado arxentino aprobou por unanimidade o uso medicinal do cánnabis."


"O prohibido sempre é tentador e abre a porta a outros negocios, entón nese sentido véxoo positivo".

"Hai enfermidades que lamentablemente non teñen tratamento con outra cousa que non sexa o THC, o composto da marihuana, así que estou a favor".

"Non estamos preparados para unha venda libre".

A nova lei permite que dous organismos estatais cultiven marihuana para investigación e que laboratorios públicos produzan cánnabis medicinal e derivados cos estándares de calidade que precisan os pacientes.

Para os farmacéuticos, a venda desta substancia para uso recreativo é algo que na Arxentina aínda non está sobre a mesa e que ademais conta con importantes barreiras legais en comparación co Uruguai.

"O que estamos facendo nós é observando o proceso porque é interesante a iniciativa, pero para trasladala á Arxentina creo que aínda falta un treito longo".

Para ter acceso á compra de marihuana en farmacias uruguaias, os interesados deben estar rexistrados e residir legalmente no país charrúa, polo que se elimina a posibilidade dun aumento no tráfico de turistas para adquirir esta droga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

20/07/2017