CRTVG

Buscar

Urovesa opta a un contrato de 30 millóns de euros co exército de Montenegro

Publicado o 21/08/2019 12:38

A empresa galega Urovesa opta a un contrato de 30 millóns de euros para o Exército de Montenegro. O pedido inclúe 67 todo terreos para as forzas armadas. Urovesa compite con outras catro construtoras. O Vamtac, un todo terreo de alta mobilidade táctica, é o vehículo insignia da marca. A finais de ano saberase se a empresa galega se fai co contrato.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2019