CRTVG

Buscar

Urovesa ensaia unha nova versión eléctrica do seu todoterreo militar

Publicado o 05/12/2019 13:37

A empresa galega Urovesa desenvolve na súa planta de Valga unha versión totalmente eléctrica dun dos seus modelos máis exitosos, o Vamtac, o vehículo de alta mobilidade táctica.

No proxecto colaboran a Universidade Politécnica de Madrid e o Ministerio de Defensa, un dos principais clientes da empresa.
O Vamtac eléctrico para uso militar é máis silencioso e emite menos calor, o que dificulta a súa detección.

Nos ensaios realizados ata agora, o vehículo demostrou unha autonomía de 50 quilómetros e capacidade para salvar pendentes do 60 por cento.

Noticias web

05/12/2019