CRTVG

Buscar

A cita coas urnas en Euskadi será tamén o 12 de xullo

Publicado o 18/05/2020 15:32

O lehendakari vasco, Íñigo Urkullu, anunciou a convocatoria das eleccións en Euskadi para o vindeiro 12 de xullo. A convocatoria publicarase mañá no Boletín Oficial do País Vasco para que transcorran os preceptivos 54 días de marxe legal para a celebración dos comicios.

Urkullu dixo que se dan "plenas garantías" para a celebración dos comicios. Tras presidier o Consello de Goberno extraordinario convocado hoxe, o lehendakari anuncio a cita electoral pola que xa optaba hai semanas.

Urkullu mantivo unha xuntanza o xoves pasado, a segunda, cos partidos políticos vascos para analizar cando poderían convocarse os comicios. Transmitiulles a súa preferencia por facelo en xullo para que, en caso dunha repunta da pandemia de coronavirus, ter opcións de volver suspendelos ao igual que se fixo en abril e adialos ao outono, antes do remate da lexislatura. 

Será a cuarta vez que as eleccións coincidan na mesma data en Euskadi e en Gaicia.

As últimas catro convocatorias electorais en Euskadi coincidiron coas últimas catro galegas, aínda que a última, o pasado 5 de abril, foi suspendida nas dúas comunidades, pola alerta sanitaria da COVID-19.