CRTVG

Buscar

Urkullu, elixido lehendakari por terceira vez cos votos do PNV e PSE

Publicado o 03/09/2020 20:57


Galicia e Euskadi foron ás urnas o mesmo día e tamén coincidiron na celebración do pleno de investidura. Iñigo Urkullu foi investido hoxe lehendakari polo Parlamento. Había 22 anos que un candidato non obtiña a confianza da maioría absoluta da Cámara vasca. Foi grazas ao acordo firmado entre o PNV e o Partido Socialista de Euskadi. Este será o terceiro mandato de Urkullu, pero o primeiro cun goberno de coalición.

Noticias web

03/09/2020