CRTVG

Buscar

O lehendakari describe o seu papel mediador entre a Generalitat e o Goberno central

Publicado o 28/02/2019 19:25

Íñigo Urkullu intuía en outubro de 2016 que Rajoy era remiso a aplicar man dura en Cataluña.

Íñigo Urkullu, lendakari: "Non era moi dado á aplicación do artigo 155".

O lehendakari relatou ante o tribunal o seu papel de mediador entre Generalitat e Goberno central. Di que llo pediu Puigdemont e que atopou en Rajoy unha actitude receptiva. Tralo referendo, convenceu ao presidente catalán de que convocase eleccións, pero a última hora, puido máis a presión dos partidarios da DUI.

Íñigo Urkullu, lehendakari: "Comunicoume, lamentando que as persoas que estaban na praza de Sant Jaume concentradas manifestándose estábanselle rebelando, que tamén tiña presións do seu grupo parlamentario de Junts Pel Si, e que non podía proceder ao acordo que se adopatara".

Ademais do seu testemuño, o tribunal escoitou o deputado de Esquerra Gabriel Rufián atribuír á policía toda a violencia daqueles días.

Gabriel Rufián, deputado de ERC: "Chócame moitísmo que se dixera que aquilo era unha rebelión ou un tumulto perigoso porque eu fun comer e merendar, e paréceme que, nunha revolución, merendar vai pouca xente".

A alcaldesa de Barcelona declarou que a única violencia foron as cargas policiais e o ex-líder de Catalunya Si que Es Pot relatou que o 20 de setembro só viu xornalistas enriba dos coches da Garda Civil.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2019