Urdangarin pide o seu primeiro permiso
Publicado o 29/11/2019 20:17

A dirección do cárcere de Brieva decidirá a semana que vén se lle concede a Iñaki Urdangarin o seu primeiro permiso penitenciario. O cuñado do Rei cumpriu onte a cuarta parte da súa condena, co que gañou o dereito a pasar 36 días ao ano fóra da cadea. Hoxe pediu 7. Ademais, desde setembro, fai labores de voluntariado dous días á semana nun centro de discapacitados en Madrid. Urdangarin cumpre unha condena de cinco anos e dez meses de cárcere por varios delitos de corrupción.
Máis sobre actualidade
26/01/2021 22:50
26/01/2021 22:49