Unidas Podemos oponse á ampliación do Prat e apoiará as manifestacións en contra do proxecto
Publicado o 05/08/2021 12:19
Unidas Podemos oponse á futura ampliación do aeroporto do Prat acordada na Comisión Bilateral Estado-Generalitat. Para a súa voceira no Congreso, "semella todo unha enorme incongruencia, se estamos falando de transición ecolóxica non podemos estar facendo plans que van en dirección contraria".
Sofía Castañón asegura que o partido apoiará as protestas que xa hai convocadas para setembro en Barcelona. "Se isto segue adiante, seremos coherentes co que dicimos nas institucións e nas rúas", asegurou a política nunha entrevista radiofónica.