CRTVG

Buscar

Unzué: "Non podemos asinar o empate, temos necesidade de gañar"

Publicado o 16/04/2018 15:12

E despois do Deportivo xoga o Celta en Balaídos. Co Barcelona.

Aquí teñen a Unzué falando con Jonny. Se cadra será o lateral dereito suplindo a Hugo Mallo. E con Alende. O canteirán entra na convocatoria. 

Unzué é consciente de que en Butarque o Celta perdeu unha inmellorable ocasión na pelexa por Europa.

Agora cre que ante o Barcelona non vale o empate.

 E o ex-céltico Guidetti garantiu a permanencia do Alavés en Eibar e apartou o cadro eibarrés da pelexa pola Liga Europa. Un gol e tres puntos. Guidetti seguirá no Eibar. Non volverá ao Celta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018