CRTVG

Buscar

Uns sicarios matan un preso ingresado nun hospital do Ecuador

Publicado o 13/02/2020 15:09

Con batas de médicos entran no hospital sen levantar ningunha sospeita, enganando o garda de seguridade que mesmo os acompaña á planta onde está o seu obxectivo. Con moita frialdade, tiran o policía que custodiaba o cuarto dun preso ingresado.

As enfermeiras aínda non se decatan de nada, eles entran no cuarto e disparan máis de dez veces. Os sicarios cumpriron o contratado asasinando o encargo que lles fixeran.

A súa vítma estaba ingresada recuperándose das feridas provocadas por outro intento de asasinato, desa volta frustrado. Momento de caos entre o persoal que non sabe onde meterse. Na súa fuxida agriden e sácanlle a pistola a outro policía. Finalmente, foron detidos.

Noticias web

13/02/2020