CRTVG

Buscar

Produtores de pementos de Herbón proban a polinizar con abellóns

Publicado o 09/05/2019 13:38

José Antonio amosa con gusto a última adquisición que fixo para os seus invernadoiros de pementos de Herbón. É unha colmea con abellóns polinizadores. Para este invernadoiro no que hai unhas dúas mil plantas, a caixa contén vinte e cinco abellóns adultos, que se poden reproducir dentro. A idea é mellorar a produción.

"Para polinizar na flor do pemento. Fai que o pemento saia máis homoxéneo e máis carnoso. En condicións normais ten que ser o aire o que faga esta función, pero se hai un día de moita calor e sen vento non poliniza ben".

Copiou a idea doutros produtores de pementos de Almería.

"Eu non teño constancia de que aquí o haxa. Vino en cultivos de tomate en Cambados, pero en pemento nunca o vin".

O tempo dirá se os abellóns contribúen a mellorar a calidade destes pementos.

"Aínda non leva 24 horas colocado, púxose onte pola tarde. Con este pemento que hai agora aínda non se ve. Nas seguintes producións terase que ver se fixo algo".

Di que a campaña deste ano leva case un mes de atraso debido a que as temperaturas nocturnas aínda son baixas de máis. Por iso aquí só fan a recolleita cada dous días. Fóra dos invernadoiros, aínda están empezando a poñer as plantas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/05/2019