CRTVG

Buscar

Os pementos da risa revolucionan Twitter

Publicado o 22/11/2019 18:22
Os pementos da risa revolucionan Twitter

@41Strange

Os usuarios de Twitter están alucinando coa imaxinación do dono da conta @41Strange. Esta conta compartiu nun chío unha serie de fotos de pementos vermellos cortados á metade.

O que podería ser unha imaxe cotiá converteuse en todo un éxito porque nesas fotos semella que os pementos se están rindo.

Este simpático chío encheuse de respostas doutros usuarios de Twitter que intentaban arremedar esas fotos.